Suspéndese a reunión deste luns entre Rueda e Von der Leyen
A presidenta da Comisión Europea anula o encontro por "problemas imprevistos na súa axenda"

A reunión prevista para este luns entre a presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, e o titular da Xunta, Alfonso Rueda, quedou suspendida por problemas de axenda da dirixente europea, informaron fontes do Goberno galego.
O equipo de Von der Leyen comunicou ao de Rueda este domingo que uns problemas imprevistos na axenda obrigan a suspender a reunión que se ía a celebrar o luns. No encontro, Rueda prevía abordar os fondos europeos, a situación da pesca e a conexión ferroviaria do Atlántico Noroeste, entre outros asuntos.
Trátase dunha serie de temas que o propio presidente da Xunta considerou fundamentais para Galicia e sobre os que cre que a Unión Europea ten moita capacidade de decisión.
Polo momento non se concretou outra data para realizar este encontro, no que Rueda tiña previsto incidir nas "fortalezas e oportunidades" da economía galega, que destaca en Europa en sectores como o téxtil, a automoción e o agroalimentario.
As demoras e baixa execución dos fondos europeos para a industria tamén estaba na axenda e a posta en valor do sector pesqueiro galego.