Contido coa etiqueta .
Volodímir Zelenski

Putin di que Zelenski non está lexitimado para asinar a paz con Rusia
28/01/2025 21:02
Consisdera que o seu mandato expirou o pasado mes de maio e que que a Constitución ucraína non permite ao presidente ampliar o seu mandato nin durante a vixencia dunha lei marcial

Zelenski reclama aos países europeos que aumenten o seu gasto en defensa
21/01/2025 20:19
O presidente ucraíno asegura que o eventual ingreso de Ucraína na OTAN, como máxima garantía de seguridade, depende en última instancia de Donald Trump

Ucraína denuncia un novo ataque masivo ruso contra o seu sistema enerxético
15/01/2025 09:51
O presidente ucraíno, Volodímir Zelenski, asegura que Moscova empregou máis de 40 mísiles e uns 70 drons na ofensiva desta madrugada

Ucraína confirma a captura de varios soldados norcoreanos feridos de gravidade
28/12/2024 08:12
Zelenski: "A nación norcoreana non debe perder o seu pobo nas batallas en Europa"
.png)
Zelenski cre que as garantías europeas non serán suficientes e a UE pide avivar o apoio a Kíiv
20/12/2024 08:32
Sobre a posibilidade de despregar tropas de paz estranxeiras en Ucraína, Zelenski manifestou que apoia a "iniciativa" do presidente francés, Emmanuel Macron, pero asegurou que necesita ter "todos os detalles sobre este continxente militar"

Rusia lanza contra Ucraína 93 mísiles, nun novo ataque contra o sector enerxético
13/12/2024 10:28
Zelenski denunciou que Rusia segue tendo acceso a compoñentes electrónicos importados para fabricar mísiles a pesar das sancións internacionais que deberían impedirllo

Despois de case seis anos de restauración, a catedral de Notre Dame abre de novo as portas
07/12/2024 20:38
Trump e Zelensky entre os mais de trinta mandatários internacionais presentes

Zelenski suxire que podería poñer fin á guerra en Ucraína a cambio de unirse á OTAN
29/11/2024 20:52
"Se queremos acabar a 'fase quente' da guerra, necesitamos poñer baixo o paraugas da OTAN o territorio de Ucraína que temos baixo control. Necesitamos facelo rápido e despois o resto do territorio (ocupado) pódese recuperar pola vía diplomática", dixo

Ucraína pide aos aliados defensas aéreas para protexerse de "novos riscos"
22/11/2024 20:18
Zelenski asegurou que o ministro de Defensa está mantendo reunións cos aliados para pedir novos sistemas
Rusia saca peito pola "demostración de músculo tecnolóxico" que supuxo o lanzamento do novo mísil balístico Oréshnik

Biden autoriza a Ucraína ataques en territorio ruso con mísiles dos EUA
17/11/2024 21:25
O diario Washington Post publica esta información citando dous altos funcionarios do Goberno estadounidense

Kíiv e Seúl acordan medidas conxuntas ante o despregamento norcoreano en Rusia
29/10/2024 11:02
Fontes de intelixencia apuntan que uns 3.000 soldados de Corea do Norte están en campos de adestramento rusos próximos ás zonas de conflito

O "Plan da vitoria" ucraíno prevé lanzar ataques contra máis rexións de Rusia
16/10/2024 12:28
Volodímir Zelenski, pide aos aliados suficiente armamento e decisións políticas que lle permitan pasar a unha fase de ofensiva na guerra contra Rusia

Biden e Starmer deixan a Kíiv impaciente sobre o uso de mísiles contra Rusia
14/09/2024 08:50
Ambos os dous líderes reafirman o seu apoio a Ucraína nun encontro en Washington

Ucraína cambia a metade dos seus ministros mentres Rusia recrúa os seus ataques
04/09/2024 11:05
Polo menos sete persoas morreron nun ataque ruso en Leópolis, tres deles menores

Biden anuncia unha axuda de 255 millóns para Ucraína no cumio da OTAN
11/07/2024 20:23
Zelenski, protagonista dun cumio do que sae o envío dos primeiros F-16 a Kíiv
A OTAN eleva o ton contra a China polo seu apoio a Rusia
O cumio da OTAN compromete outros 40.000 millóns para Ucraína

Sánchez afirma que non é negociable validar a agresión de Rusia a Ucraína
15/06/2024 20:54
O presidente español participa no cumio sobre Ucraína que se celebra en Suíza
Os Estados Unidos din que a última proposta de Putin é negociar a rendición, non a paz

Un 80 aniversario do Día D marcado pola invasión de Ucraína
06/06/2024 20:01
Os líderes dos países aliados honran os heroes de Normandía
Joe Biden: "A unidade prevaleceu entón e prevalecerá agora"

España achega 1.000 millóns de euros a Ucraína para reforzar as súas defensas
27/05/2024 12:15
Sánchez e Zelenski reúnense na Moncloa e asinan o acordo na primeira visita oficial do presidente ucraíno
O rei compromete o apoio de España ao país invadido "o tempo que sexa necesario"

Zelenski reúnese con Sánchez e o rei na súa primeira visita oficial a España
26/05/2024 22:28
A Presidencia do Congreso comunicou que o presidente ucraíno realizará pola tarde unha visita á Cámara Baixa
A visita prevista en principio para o 17 de maio cancelouse daquela pola ofensiva rusa en Kharkiv

Cancélase a visita do presidente de Ucraína a España anunciada para este venres
15/05/2024 00:45
Confirmouno a Casa do Rei horas despois de avanzar un encontro do monarca con Volodímir Zelenski
Prevíase tamén unha reunión con Pedro Sánchez para asinar un acordo de seguridade bilateral, malia a que o Goberno non chegou a anunciar a data

Zelenski pídelle a Blinken dous sistemas Patriot adicionais para defender Khárkiv
14/05/2024 11:38
"Para nós é clave que cheguen tan rápido como sexa posible”, díxolle Zelenski ao secretario de estado dos EUA, que viaxou este martes por sorpresa a Kíiv

Zelenski asinará con Sánchez en Madrid un acordo de seguridade España-Ucraína
13/05/2024 13:20
A ministra de Defensa confirmou este mes o envío de mísiles Patriot de forma coordinada con outros países aliados

Rusia declara en busca e captura a Zelenski
04/05/2024 15:15
Anteriormente Rusia xa emitira ordes de arresto contra altos cargos de Ucraína e outros países europeos

Sánchez comprométese a entregar 'novas capacidades' a Ucraína para a súa defensa
24/03/2024 20:05
Ambos os países negocian actualmente un acordo político de seguridade a longo prazo
Sánchez asegurou o "firme apoio de España manterase mentres sexa necesario"

Sánchez defende a necesidade de aumentar o apoio financeiro e militar a Ucraína
26/02/2024 20:37
Francia organiza unha xuntanza de aliados cando se cumpren dous anos da invasión
Sánchez reclama un novo Fondo de Asistencia a Ucraína para soster o apoio no tempo
Macron non desbota o envío de tropas a Ucraína e propón adiantarse á axuda estadounidense
Zelenski participou cunha mensaxe gravada en que reclamou os obuses prometidos por Europa

Zelenski recibe o apoio total da UE no segundo aniversario da guerra
24/02/2024 20:51
Ursula von der Leyen, na compaña doutros líderes, estivo en Kíiv e prometeu axuda sen límite temporal
O presidente de Ucraína dixo que necesita dous anos máis para vencer a Rusia

As potencias occidentais responsabilizan a Rusia da morte de Navalni
16/02/2024 14:33
Os Estados Unidos avalían "diferentes opocións" para responder a este suceso
A Unión Europea e a OTAN sinalan directamente a Vladimir Putin, a quen lle piden explicacións do ocorrido

Cincuenta e un mortos tras un bombardeo ruso a unha tenda en Khárkiv
06/10/2023 08:47
Entre os falecidos hai un neno de seis anos

Os Vinte e sete debaten este venres en Granada sobre a futura ampliación da UE
06/10/2023 08:43
Tamén debaterán sobre o problema migratorio e a autonomía estratéxica, para non depender tanto de terceiros países en certas subministracións
Os reis recibiron os participantes na Alhambra como colofón da primeira xornada do cumio

Reunión de Filipe VI e Zelenski tras o anuncio de nova axuda militar de España
05/10/2023 20:56
Antes do encontro co rei, Pedro Sánchez ofrecéralle ao presidente de Ucraína "novos sistemas antiaéreos e antidrón"

Zelenski advirte en Granada que Rusia quere rearmarse e pide axuda e unidade a Europa
05/10/2023 14:37
España promete a Zelenski máis axuda militar para defender infraestruturas críticas
Os Vinte e sete porán en Granada as bases da futura ampliación da UE a 35 países

Os ministros de Exteriores da UE celebran unha inédita reunión informal en Kíiv
02/10/2023 09:51
É a primeira vez que unha reunión deste tipo se celebra fóra das fronteiras da Unión Europea

Zelenski pide ante a ONU a unidade dos líderes mundiais contra a guerra
20/09/2023 09:24
Guterres asegurou que non vía nesta asemblea as condicións para un diálogo serio sobre a paz

Biden alerta na ONU de que ningún país estará seguro se Ucraína perde a guerra
19/09/2023 22:23
Zelenski foi o líder máis aplaudido e dixo que Rusia trata de gañar certos países con tratos baixo a mesa

Ucraína denuncia un ataque ruso nun mercado de Donetsk con, polo menos, 17 mortos
06/09/2023 15:19
O presidente ucraíno, Volodímir Zelenski, cualificou de "inhumana" e "perversa" esta acción contra unha zona comercial próxima á liña da fronte de guerra

Un ataque ruso contra Chernihiv deixa polo menos sete mortos e un cento de feridos
19/08/2023 13:35
O impacto dos mísiles rusos na cidade ucraína causa ademais 117 feridos
Un dos edificios atacado é o teatro da cidade, que estaba cheo de nenos que visitaban unha exposición sobre drons

Rusia destrúe con mísiles o centro histórico de Odesa, patrimonio da humanidade
23/07/2023 13:06
O presidente de Ucraína condena o ataque e promete represalias
Moscova di que ía dirixido contra drons acuáticos e mercenarios

A OTAN di que Ucraína está "máis preto ca nunca" da Alianza; Zelenski pide "garantías de seguridade"
12/07/2023 15:08
O presidente ucraíno recoñece que unha invitación formal "sería o óptimo", e Stoltenberg responde que pronto se verán "como aliados"
Tras o Cumio de Lituania, os líderes do G7 asinarán un acordo de axuda militar a Kíiv a longo prazo

Zelenski ve "absurdo" que a OTAN non dea data para o ingreso de Ucraína
11/07/2023 12:40
“Parece que non hai dispoñibilidade nin para convidar a Ucraína á OTAN nin para facela membro da Alianza”, censura o presidente ucraíno

Un novo ataque ruso contra civís en Ucraína deixa polo menos oito mortos en Liman
08/07/2023 18:50
Zelenski regresa de Turquía cos líderes da resistencia en Mariúpol, que estaban alí tras a súa liberación por Rusia o ano pasado
Ucraína conmemora os 500 días de guerra con "avances sostidos" nas frontes do norte e de Bakhmut