Contido coa etiqueta .
Xogos

Xinzo de Limia organiza un torneo de futbolín para recuperar a afección por este xogo
18/01/2025 21:18
250 parellas de varios puntos de España inscribíronse nesta primeira edición do campionato
Ademais das clásicas modalidades de movemento e parada, houbo competición nunha variante coñecida como "tanteo", que só se practica en Ourense

Abre Pazolandia en Ourense, unha das citas favoritas da rapazada no Nadal
26/12/2024 14:44
É unha das citas máis agardadas nestas datas da provincia de Ourense, con actividades para todas as idades
Consolídase como o gran parque de atraccións de Nadal, con máis de 3.000 visitantes no primeiro día
De once a dúas e de cinco a oito, ata o vindeiro catro de xaneiro, a diversión esta asegurada

A Coruña acolle o Campionato Mundial de Dardos, coa participación de 28 países
07/12/2024 15:13
É a primeira vez que o campionato se celebra en Europa
Hai 2.500 competidores e 28 países na proba
O evento seguirá ata mañá coa celebración do Campionato de España por equipos

01/12/2024 18:09
Entretementos tan populares como o tiracroios ou a buxaina continúan atraendo nenos e maiores
A chuvia non desanimou os lucenses á hora de se entreter con pasatempos clásicos

Intervidos en Mos máis de 4.000 bonecos Funko falsificados
12/11/2024 16:18
No almacén tamén había outras 837 bonecas e 256 xogos de cartas sen documentación
A dona do establecemento de venda por xunto non puido acreditar a procedencia nin o valor dos produtos

Un xogo para localizar os 313 concellos galegos no mapa multiplica seguidores nas redes sociais
20/10/2024 19:36
O que comezou como un entretemento entre dous compañeiros de piso, con grande interese por coñecer o territorio, converteuse nun xogo viral nas redes sociais
Lucas e Pedro confían en espertar o interese

Veciños da Pontepedriña, en Santiago, reclaman recolocar un parque infantil
24/08/2024 14:43
Varios veciños sinalan que se lle está a dar máis relevancia a un parque de mascotas lindeiro
Piden que o recinto infantil non quede tapado polo viaduto polo que circula o tráfico rodado
O concello compostelán defende o proxecto orixinal xa que a cidade conta con poucos parques cubertos

Unha conta de Instagram agocha cartos por toda Galicia
16/07/2024 15:23
Anima os seus seguidores a localizar os billetes escondidos en diferentes recunchos

A festa castrexa de Burela conta coa busca do torques, xogos e unha cacharela
23/06/2024 14:54
A celebración faise coincidir co San Xoán, que é o patrón da localidade, para darlle máis dimensión
Homenaxea á orixe celta da localidade mariñá

Os expertos advirten de substancias tóxicas no chan dos parques infantís
04/06/2024 14:34
Os investigadores insisten en facer as probas necesarias antes de utilizar este material feito con pneumáticos reciclados

Expotaku regresa á Coruña con todas as novidades do universo manga e anime
26/11/2023 15:15
Talleres, concursos, videoxogos e xogos de rol centran o programa de actividades
Participan na feira máis dun cento de expositores

A Casa Grande de Xanceda inaugura o seu ecolabirinto "terrorificamente natural"
06/09/2023 14:41
Facemos o deseño adaptado ao noso terreo e logo un programa informático indícalle ao tractor onde ten que sementar e onde non

Quedar para compartir e divertirse en Lugo
01/07/2023 20:29
Un cento de lugueses comparten as tardes participando en xogos de mesa

Un décimo de lotería selado en Meira obtén o primeiro premio do sorteo do Día da Nai
08/05/2023 13:47
O boleto, despachado a través da máquina, foi premiado con 130.000 euros

O "escape room" máis grande de Europa está en Vigo
04/03/2023 21:56
Estivemos na inauguración do xogo de escapismo máis grande de Europa. Está en Vigo, nun espazo de 4.000 metros cadrados a carón do monte Alba en plena natureza.
Diversión en grupo ao aire libre onde o tempo aprema se queren saír airosos dun enigma que busca mentes brillantes para resolver o estraño comportamento dos animais que habitan nese lugar.