Cargando resultados...
'2ª man', de Antón Reixa, un poemario sen paisaxes inspirado en feitos reais
2ª man, unha axenda de hipotermias cun home vestido de azul ou unha pintada: "Non odias os luns, odias o capitalismo".
Camiño dos 50 anos no oficio das letras, Reixa, séntese máis achegado á poesía galega de hoxe en día que á da súa xeración.
Na colección Areal de Melide da editorial Chan da Pólvora atópase este libro, 2ª man de Antón Reixa.
G24.gal
26/01/2024 13:37
Última actualización 26/01/2024 16:51
"Non odias os luns, odias o capitalismo", unha frase recollida no undécimo poemario de Antón Reixa: 2ª man.
O libro, que mantén a bandeira de perplexidade iniciada en 1976 con Rompente, destila unha certa melancolía, mais segue a sorprender coa súa constante subversión das palabras. Nun imaxinario almacén de palabras atopamos a Antón Reixa e o seu ultimo libro de poemas 2ª man, o seu undécimo poemario.