Cargando resultados...
'A gran novela galega', de César Cequeliños, sátira e humor nas nosas letras
César Cequeliños ambienta no sistema literario galego a súa última novela
A gran novela galega arranca coa creación dun premio dun millón de pesetas por parte do home máis rico de Galicia
G24.gal
09/10/2023 15:36
Última actualización 16/10/2023 12:40
Un dos mitos do noso mundo literario galego e a necesidade de que alguén escriba algún día unha gran novela galega.
Precisamente así, aproveitando ese frustrado desexo, César Cequeliños titulou a súa primeira incursión na narrativa: A gran novela galega.
Trátase dunha sátira que retrata con ironía e sarcasmo as intrigas e desventuras dun grupo de escritores, políticos e xornalistas galegos.