Publicador de contidos

Publicador de contidos

'AI: More Than Human', unha mostra internacional sobre intelixencia artificial en Galicia

'AI: More Than Human', unha mostra internacional sobre intelixencia artificial en Galicia

A exposición pode verse na Afundación da Coruña ata o vindeiro 5 de febreiro de 2023

Creada polo Barbican Centre de Londres, tenta dar resposta ás cuestións morais que rodean a relación entre o ser humano e as máquinas a través dunha chea de experimentos

G24.gal 05/09/2022 16:13

Hoxe Afundación de ABANCA presentou un dos seus proxectos máis ambiciosos da man da exposición interactiva AI:More Than Human, que ten a intelixencia artificial como protagonista absoluta.

A intelixencia artificial semella algo recente, pero o certo é que o seu xerme pode sorprendernos, como deixan ver desde experimentos históricos claves na II Guerra Mundial ata o desenvolvemento dos robots máis modernos, todo grazas aos avances matemáticos e informáticos dos séculos XIX e XX.

Nestes experimentos, o usuario pode enfrontarse co seu sintético do futuro cunha especie de avatar que aprende dos seus movementos. Nas instalacións, o visitante pode doar unha palabra á obra de arte. Tamén hai videoxogos que nos levan ata un 2065, onde os humanos non traballan.

Pero a intelixencia artificial conta cunha chea de aplicacións na sanidade, no xornalismo ou no comercio e cada vez está máis presente no día a día.

Esta mostra creada polo Barbican Centre de Londres tamén tenta dar resposta ás cuestións morais que rodean a relación entre o ser humano e as máquinas.

Ocupa todo o edificio da sede AFundación de ABANCA na cidade da Coruña e pódese visitar ata o vindeiro 5 de febreiro de 2023.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade