Cargando resultados...
'Al amparo del cielo', do chileno Diego Acosta, premiado no Play Doc de Tui
'Devocións', de Ángel Montero e María Serna, triunfou na sección competitiva de Galicia
O xurado outorgou unha mención especial a 'Mourir à Ibiza' (Internacional) e a 'Los Saldos' (Galicia)
Play-Doc tamén desenvolveu actividades de formación, visibilización e diálogo do cine con outras disciplinas
G24.gal
02/05/2023 15:04
Última actualización 02/05/2023 16:58
Onte en Tui remataba a edición número 19 do Festival Internacional de Cine de Tui. E rematou deixando un palmarés oficial que este ano situou a Al amparo del cielo, do chileno Diego Acosta, como vencedor do Play-Doc na competición internacional. Devociones, de Ángel Montero e María Serna, triunfou na sección Galicia.