'A festa equivocada', de Fran P. Lorenzo: recusando o poder desde a palabra
A festa equivocada está publicado pola editorial Rodolfo e Priscila
Ofrece unha visión crítica da política dende o final do fraguismo ata e etapa de Feijóo pasando polo bipartito.
Á parte da política, as referencias culturais, desde Toni Morrison a Fassbinder, atravesan moitos destes textos de Lorenzo.
Os artigos de opinión son considerados por moitos o summun dos xéneros xornalísticos, quizais pola súa ambición de rozar e mesmo ás veces poñerse ao nivel dos textos literarios.
Fran P. Lorenzo, escritor e xornalista vigués, apostou durante anos por cultivar este xénero no diario Galicia Hoxe. Agora, pasados varios anos, recompila parte deses artigos e xúntaos nun libro.
Volver a un pasado, que está aí á volta da esquina, cunha mirada singular e lúcida.