Gustavo Pascual: "Só queremos agora que o mosaico nos sobreviva e quede aquí para as seguintes xeracións"
Gustavo Pascual: "Só queremos agora que o mosaico nos sobreviva e quede aquí para as seguintes xeracións"
A asociación Mosaico Romano de Panxón, os veciños e o Concello teimaron por devolver a Nigrán o seu mosaico romano
Os arqueólogos destacan o seu bo estado de conservación, sobre todo das cores, despois de pasar tantos centos de anos desde a súa realización
Nigrán recupera unha xoia arqueolóxica que durante moitos anos estivo en diferentes mans privadas. Falamos do mosaico romano de Panxón que no século III adornaba unha rica vila da costa. Agora está xa no concello, grazas en boa parte a unha asociación veciñal que iniciou os trámites para traelo de volta desde un anticuario de Nova York. A partir do 7 de febreiro todos os veciños poderán velo no salón de plenos.