Cargando resultados...
Jesús Silva: "'Te separas mucho' é un diálogo interxeracional sobre o que queda tras o amor"
'Te separas mucho' emprega material familiar íntimo para falar de dous rupturas amorosas con trinta anos de diferenza
Dahomey reflexiona sobre as políticas coloniais e arte documentando a devolución á República de Benín de obras do antigo Reino de Dahomey que se atopaban no Louvre
G24.gal
12/12/2024 14:50
Última actualización 12/12/2024 16:34
Jesús Silva, o noso especialista en cine, repasa a programación do festival Novos Cinemas de Pontevedra, que se clausura co primeiro filme de Paula Veleiro 'Te separas mucho'.
Tamén chega as carteleiras comerciais Damohey, filme de Mati Diop, premiado co Oso de Ouro no último festival de Berlín. Un filme onde a cineasta franco-senegalesa cede a voz ao pobo.