Jesús Silva: "'Querer' e 'Casa en Flames' falan do colapso da familia de diferentes maneiras"
Os Premios Feroz entréganse este sábado no Pazo da Cultura de Pontevedra
Flow chega as carteleiras: un emocionante filme de supervivencia nos albores da extinción humana
Recibimos de volta a Jesús Silva, o noso colaborador e crítico cinematográfico, que empeza o ano forte e sen respiro, interesantes filmes nas carteleiras e os Premios Feroz á volta da esquina.
Nos Premios Feroz, chamados habitualmente "a antesala dos Goya", parten como favoritos 'Casa en flames', de Dani de la Orden, a película en catalán máis exitosa da historia en canto recadación en salas, e 'Querer', a serie de Alauda Ruiz de Azúa sobre o consentimento dentro do matrimonio
Ademais na carteleira chega 'Flow', para moitos un dos filmes do ano. É unha animación, feita con software de licenza aberta e sen diálogo que nos fai reflexionar sobre a existencia humana como forza destrutora do planeta.