Publicador de contidos

Publicador de contidos

Literatura e ilustración galega na Feira do Libro de Bos Aires

Literatura e ilustración galega na Feira do Libro de Bos Aires

A feira bonaerense é un dos principais acontecementos editoriais de América

Forman a delegación galega os escritores Arantza Portabales, Malores Villanueva, Ulises Bértolo, Luís González Tosar e o ilustrador Alberto Guitián

Tamén participa na feira a editora pontevedresa Kalandraka

Foto: Turismo de Bos Aires
G24.gal 09/05/2023 18:42

A delegación chega á feira do libro de Bos Aires na última semana desta 47.ª edición. Participarán nunha vintena de actividades organizadas pola Xunta para difundir a nosa cultura e edición neste evento editorial e entre a comunidade galega na Arxentina. 

No recinto feiral a Xunta conta cun espazo de promoción que expón 250 novidades literarias. Kalandraka tamén participa na feira, nun posto compartido con outras editoras.

O Diario cultural da Radio Galega conversou coa narradora Arantza Portabales, que segue buscando novos camiños internacionais para as súas novelas policiais, e mais co ilustrador Alberto Guitián, que presenta en Bos Aires a segunda edición da Guía Ninja do ilustrador, un manual de defensa profesional para ilustradores. 

Foto: Editorial Kalandraka Foto: Editorial Kalandraka
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade