Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lucía Veiga: "Agora dígolle a todos: 'Se che apetece probar algo faino, dá igual todo o demais'"

Lucía Veiga: "Agora dígolle a todos: 'Se che apetece probar algo faino, dá igual todo o demais'"

Lucía Veiga está proposta aos premios Goya como mellor actriz revelación

En Soy Nevenka interpreta a Charo Velasco a primeira persoa que apoiou a Nevenka

Lucía xa recibiu o ano pasado premio a mellor comunicadora nos Mestre Mateo e estivo proposta a mellor actriz de elenco nos Feroz

G24.gal 26/01/2025 11:30 Última actualización 23/01/2025 17:33

Recibimos no estudio unha das actrices coa carreira máis meteórica da historia de Galicia. Ela é Lucía Veiga, que hai seis anos decidiu dar o paso a interpretación, deixou a súa anterior vida e agora está na carreira dos Goya, proposta a mellor actriz revelación.

Lucía Veiga, é unha cara para todos coñecida. En apenas un lustro entrou nas nosas casas a través da televisión, pero levaba xa unha carreira de fondo no teatro de improvisación e con pequenos papeis no cine. A naturalidade e a súa mellor carta de presentación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos