Cargando resultados...
Mery Pais: "O feito de vestirnos diferentes non nos fai diferentes"
En 'Ley eterna' Mery Pais emprega refinados e coloristas tecidos que como unha crisálida se agochan nunha túnica negra
É un traballo que continúa coa súa liña de investigación sobre a relixiosidade, as crenzas e as pontes entre culturas
G24.gal
23/01/2025 14:16
Última actualización 23/01/2025 17:17
Falamos dunha mostra que antes foi performance. A relixión e as crenzas de iguais e de contrarios é o que inspirou a Mery Pais no seu último proxecto, 'Ley Eterna'. Unha intervención na praza da Quintana que agora se reconvirte para o seu formato expositivo na Fundación DIDAC. As fronteiras culturais e as armas para derrubalas están no centro desta montaxe que segue os pasos dos seus anteriores traballos artísticos.