Cargando resultados...
'O mundo está roto pero pódese camiñar', unha historia de redención pola literatura
As relacións entre un pai e a filla e o amor polos libros son os eixos da historia
'O mundo está roto, pero pódese camiñar' estréase o venres no Auditorio de Cangas
G24.gal
09/11/2023 13:18
Última actualización 09/11/2023 16:15
O escritor guipuscoano Harkaitz Cano pon en escena: "O mundo está roto, pero pódese camiñar". Con tradución á nosa lingua de Cándido Pazó e dirección do donostiarra Fernando Bernués, producido por Contraproducións con 3 actores na escena.
Aínda que a estrea é o venres, onte fixeron un pase para nenos co que testar o interese do público infantil, e isto é o que percibiron os actores no Auditorio de Cangas.