Contido con Temática .
Artes Escénicas

27/01/2025 14:53
En escena: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Mónica García, Borja Fernández, Arantza Villar, Diego Anido, Xron e os músicos Xacobe Martínez Antelo, Manuel Cebrián e Carlos Freire
A Ultranoite é un formato teatral creado e desenvolvido na Sala Nasa de Santiago de Compostela a partir de 1993.

Karla Sofía Gascón, candidata ao Óscar a mellor actriz por 'Emilia Pérez', que suma 13 nominacións
23/01/2025 15:30
As súas rivais serán Demi Moore ('La sustancia'), Cynthia Erivo ('Wicked'), Mikey Madison ('Anora') e Fernanda Torres ('Aún estoy aquí')
Será a única opción do cinema español, xa que Alberto Iglesias, compositor da banda sonora de 'La habitación de al lado', de Pedro Almodóvar, non está entre os candidatos

Diego Roca: "O teatro de rúa non é cómodo, pero é marabilloso o caos e a anarquía que se xera"
23/01/2025 14:17
O espectáculo 'Hexagonum' o 31 de xaneiro abre o programa escénico de Vigocultura
No espectáculo participa unha vintena de persoas, entre técnicos, músicos e artistas
'Hexagonum' foi desenvolvido nunha residencia artística en Brest con Leonor Canales como titora

Mª Ángeles Iglesias: "Esta peza é unha aposta polo que queremos que medre, o amor"
22/01/2025 12:44
'As formas do amor' é unha coprodución de Verdeveras Expresións Artísticas e o Centro Dramático Galego
A peza, dirixida por Gena Baamonde, reflexiona sobre o que chamamos 'amor' e incorpora a música e o humor
Próximas datas de 'As formas do amor': 24 de xaneiro, A Coruña, 14 de febreiro, Compostela, 8 de marzo, Viveiro

Miguel Pernas: "A guerra invádenos de tal xeito porque está dentro dos nosos corazóns"
20/01/2025 14:41
Guerra, unha reflexión e un manifesto antibelicista de Teatro do Noroeste dirixida por Eduardo Alonso
Estreouse esta fin de semana e comeza xira por Galicia
No elenco Luma Gómez, Miguel Pernas, Manuela Varela, Maxo Barjas, Sabela Hermida e Xavier Estévez

Gwendal ou Milladoiro, entre os grupos que actuarán no Festival de Ortigueira
19/01/2025 16:31
O Festival Internacional do Mundo Celta 2025 vaise celebrar do 9 ao 13 de xullo, nunha edición que estará marcada polo 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira

Pepablo Patiño: "Xogamos no escenario como se fósemos nenos"
17/12/2024 15:20
'A Nena e o Grilo camiño das cores' é a cuarta e última entrega deste espectáculo, unha viaxe fascinante ata o País das Apertas
O espectáculo pecha a saga despois de 'O País dos Abrazos', 'A nena e o grilo nun barquiño' e 'A nena e o grilo, máis alá'

O Hematocrítico, a título póstumo, e Luís Zahera reciben a Medalla de Ouro ao mérito nas Belas Artes
27/11/2024 14:52
Os Reis entregan os galardóns do mundo da cultura nun acto en Sevilla

Iria Sobrado: "A peza fala da anulación do social, unha persoa soa nunca vai facer a revolución"
25/11/2024 15:14
Inspirada na obra clásica Biedermann e os incendiarios de Max Frisch, a peza da compañía Áritka fala da sociedade actual
Está interpretada por Martín Máez, Rocío Salgado, Marcos Alonso e Fernanda Barrio con dramaturxia de Vanesa Sotelo e Tito Asorey

Tito Asorey: "Queremos que o público se sinta parte do problema"
22/11/2024 14:53
Inspirada na obra clásica Biedermann e os incendiarios, de Max Frisch, a peza fala do auxe dos totalitarismos na sociedade actual
Está interpretada por Martín Máez, Rocío Salgado, Marcos Alonso e Fernanda Barrio
Non pasarán. Ártika Cía. Sábado 23 e domingo 24, ás 20 h. Sala Ártika (Vigo)

20/11/2024 14:50
'CA-CO-FLEX' de Isabel Fernández foi seleccionada para facer unha residencia artística na Cidade da Cultura e presentarase no Culturgal
Abordan as dificultades do acceso á vivenda coma un problema económico, social e emocional co cartén como material escénico
Alixa Ladson, Lúa Rguez, Hugo González , Mateo Rguez, e Ziggi Iglesias no elenco

Paula Pier: "Convido o público a que quite a máscara e confíe en si mesmo"
14/11/2024 14:51
'Eu fraude' é un espectáculo creado e dirixido por Paula Pier que mestura poesía e música
En 'Eu fraude' abórdase unha viaxe emocional cun pouso positivo e esperanzador
'Eu fraude' o venres en Tui e este mes tamén en Oleiros e Vigo

12/11/2024 15:05
'As gardiás ou o nó do tecelán' é a primeira representación en España do dramaturgo francés Nasser Djemar
Cristina Domínguez dirixe a un elenco de cinco actrices: Casilda Alfaro, Rebeca Montero, Sonia Rúa, Amparo Martínez e Melania Cruz

Cristina Domínguez: "As gardiás fala de como, onde e con quen queremos vivir a vellez"
08/11/2024 14:40
Escrita polo dramaturgo francés Nasser Djemar, 'As gardiás ou o nó do tecelán' aborda o tema dos coidados na vellez
Casilda Alfaro, Rebeca Montero, Sonia Rúa, Amparo Martínez e Melania Cruz son as protagonistas
'As gardiás'- Teatro de Ningures/Estrea este sábado, ás 20 h, no Auditorio de Cangas

04/11/2024 14:42
Un escenario baleiro e seis actores sentados en cadeiras, esta é a primeira versión, espida, esencial da obra de Chejov reescrita polo director Pablo Remón
A segunda parte con escenografía, vestiario e máis experimental polo de agora, só se está representando en Madrid
.jpg)
Iria Sobrado: "'As formas do amor' reivindica o amor como algo sagrado"
29/10/2024 14:57
As formas do amor parte dun texto de María Ángeles Iglesias dirixido por Gena Baamonde e con Sergio Zearreta no elenco
Este sábado, representación en Vigo, e en novembro: Ribeira, O Barco de Valdeorras, A Pobra do Caramiñal e Culleredo

Fran Lareu: "Esta obra non é unha celebración do amor, é unha advertencia"
24/10/2024 15:09
'Un tal Romeo', baseado no "Romeo e Julieta" de Shakespeare, cuestiona os patróns do amor romántico e o amor platónico
En cada función créase unha historia nova dun actor que quere ser Romeo interpretado por Fran Lareu e Anxo García
'Un tal Romeo', con dirección de María Peinado, estréase no FITO de Ourense

O festival Galicreques chegou á súa fin por este ano con éxito de público
20/10/2024 21:18
Foron nove días de teatro de monicreques en que participaron trinta compañías de oito países
O festival remata coa entrega do premio Galicreques 2024 a Eduardo Rodríguez Tatán

Nuria Sotelo: "Para nós un espazo de creación non só é un lugar de ensaio"
18/10/2024 14:57
A Casa Vella nace da proposta de Nuria e Rubén para rehabitar o rural creando impactos no propio lugar
Na actualidade conviven alí artistas da compañías Bajoteja de Ávila e Baribusa de Cantabria
Nuria Sotelo levou o seu solo de danza Sobre o extravío ou a arte de perderse ao FITO
.png)
Avelino González: "A min o teatro fíxome mellor persoa, é o lugar onde un entende os demais"
18/10/2024 14:35
Na súa carreira destacan os seus traballos no teatro e no audiovisual, pero tamén na narración oral, a dobraxe, ou a tradución
Avelino González recollerá o Premio Xograr de Outono do FIOT este sábado no Pazo da Cultura de Carballo
Próximas funcións: o día 25 en Vigo, con 'Contos de akí', e o 26 en Betanzos, coa peza 'Apaga o candil'

Guillermo Carbajo: "En 'Os contos de Lobicán' tiramos abaixo os prexuízos na infancia"
17/10/2024 15:10
Os contos de Lobicán baseáse nun texto de Eva Mejuto que levou o Premio Barriga Verde para textos de teatro de monicreques
Os contos de Lobicán, de Redrum Teatro, estréase este sábado en Teo e o domingo están no Auditorio Municipal de Vigo

FITO en Ourense, 17 anos de teatro contra vento e marea
15/10/2024 15:44
Loia Producións estrea no FITO unha peza que pon o foco nas costureiras da comarca da Ulloa
A Feroz retrata o espírito do antigo barrio da prostitución da Coruña nunha peza inspirada no libro Papagaio, con textos de Luísa Villalta

'Lémbrame, Spominaj na mnje', galego e sorabo sobre as táboas para falar da esencia que nos une
14/10/2024 16:11
'Lémbrame, Spominaj na mnje' é unha homenaxe a memoria, a tradición e a raíz
É unha coprodución entre Galicie e Alemaña en linguas soraba e galega que nace dentro programa Europa Creativa
Día 15, dúas sesións no Salón Teatro de Compostela

Iria Sobrado: "'Go home' vaiche amosar as túas contradicións"
14/10/2024 14:56
A peza teatral, comprometida coa realidade é do dramaturgo José Prieto
Un home fanático do turismo de aventuras é o protagonista da montaxe
Un espectáculo de comedia negra con moitas capas con próximas representacións en Vilagarcía e Ames

Jorge Rey: "Nesta edición veremos toda a evolución do teatro de bonecos, ata os monicrques de xeo"
11/10/2024 14:31
Festival Internacional de Títeres, Galicreques, do 12 ao 20 de Outubro, Santiago de Compostela
No Galicreques estréanse este ano 12 espectáculos, compañías de oito países e unha exposición de marionetas
O Festival, na 29ª edición, concédelle a Eduardo R. Cunha, 'Tatán', o Premio de Honra Galicreques

Matías Daporta: "Os artistas das artes vivas traballan no presente para formular novos futuros"
09/10/2024 14:38
O festival Desfoga reuniu en Cambados artistas de diversas disciplinas: moda, música, matemáticas, psicoloxía...
As residencias artísticas salientan a importancia do pensamento disidente na ciencia e do papel da arte como mediadora

'Cortello de amor', de Amorodio teatro: facer comedia do drama do alugueiro
08/10/2024 14:41
Cortello de amor é unha comedia sobre o alugueiro, que comeza cos soños de futuro dunha parella con problemas
Os protagonistas reviven o seu amor nun cortello mentres prospera o seu negocio de alugueiro

Paula Carballeira: "As mulleres que viven soas son donas do seu destino"
04/10/2024 14:48
A narración oral e a temática feminina son o eixe desta comedia con formato de teatro documental
No escenario: Paula Carballeira, María da Potragha e Vero Rilo
Estrea de 'Mulleres que viven soas #MQVS' de Berrobambán este sábado no FIOT

O Centro Dramático Galego reestrea 'Terceiro acto'
03/10/2024 14:03
As representacións retómanse 3 anos despois de que en 2021 tiveran que ser canceladas en plena pandemia

Morre Josefa de Bastavales, pandeireteira e referente do folclore galego
02/10/2024 18:44
Actuou con músicos como Manu Chao, Fuxan os Ventos, Cristina Pato, Susana Seivane e o grupo de música folk The Chieftains

Alberto Sueiro: "Os grandes conflitos da vida son os mesmos, o que cambia é a mirada"
02/10/2024 14:49
Cinco semanas de programación, 36 espectáculos de 3 paises, máis de trinta actividades compoñen o FIOT33
Daniel Veronese, José Troncoso, Esther Carrodeguas, P. Carballeira, Malena Alterio ou Javier Cámara, entre as figuras do FIOT
Festival Internacional Outono de Teatro, FIOT, ata o 31 de outubro en Carballo

Iria Sobrado: "Félix consegue desaparecer para que Xavier habite o espazo escénico"
01/10/2024 14:50
No espectáculo Xavier a través de min Félix Fernández fai converxer a enerxía do seu irmán e a súa no escenario
O traballo permite que os espectadores poidan tamén tomar decisións sobre o espectáculo
No proxecto, Rut Balbís na asistencia de movemento, Raquel Calvo como coach e arte terapeuta e Henrique Lamas como videodocumentador

Camiño Escena Norte, artes escénicas en itinerancia para crear comunidade
30/09/2024 17:04
Diversidade de linguaxes, estéticas e formatos de distintas comunidades do norte de España: dende Galicia ata Navarra
Entre as compañías galegas galegas Píscore, Ibuprofeno Teatro e Colectivo Glovo
Ata novembro nas sesenta sedes do festival

Jimmy Núñez: "No teatro social, o primeiro que sae transformado é quen está sobre as táboas"
26/09/2024 14:42
Candela e Bruno navegan con Náufragos Teatro polos mares do trastorno por déficit de atención e hiperactividade
Parte do material para "Bulebule" foi cedido pola confaría de pescadores de Burela
Bulebule estréase o venres no Auditorio do Centro Ágora da Coruña

A Temporada Lírica da Coruña trae ao Teatro Colón a ópera cómica L'elisir d'amore
24/09/2024 21:25
Entre o elenco, figuras galegas: amais do barítono Luis Cansino, outras que emerxen con forza, como a soprano Susana García

Artur Puga: "O meu método céntrase en como pasa o baile a través do corpo, non na repetición"
24/09/2024 14:58
O proxecto Seisporoito é unha escola itinerante que procura a difusión da cultura tradicional galega dentro e fóra de Galiza
A escola aposta pola formación de calidade que combine o desenvolvemento profesional cunha metodoloxía innovadora
Vigo, Salceda de Caselas, Ourense, Allariz, Xinzo, Verín, A Gudiña, Madrid e Barcelona teñen xa aulas Seisporoito
.png)
Iria Sobrado: "Aínda falta espazo para as mulleres cómicas nas táboas"
17/09/2024 15:03
As R(h)umorosas son Ledicia Sola, Carmen Méndez e Marta Doviro
O espectáculo foi estreado no Encontro Mundial de Humorismo da Coruña
A peza lembra con humor as mulleres ilustres de Galicia

A Cincenta de Sarabela racha cos tópicos do amor romántico
17/09/2024 14:55
Sarabela Teatro da revisión dun clásico feita por Nunila López Salamero en A cincenta que non quería comer perdices
A adaptación teatral bebe de textos feministas e de relatos clásicos
Representacións no teatro Principal de Ourense o 18 e 19 de setembro

La Griot´te: "O que Curros Enríquez escribiu hai cen anos segue a ser todo segue igual"
16/09/2024 15:49
La Griot´te é unha compañía de recente creación formada polo director de escena Nazan L. Bamio e a actriz e directora de movemento Sandra Gade
O nome da compañía rende homenaxe ás liñaxes familiares de Griots existentes en África
O Rexurdimento do Divino Sainete convida a pensar sobre o contexto social que anticipou Curros

Falece aos 41 anos o actor Julián Ortega
26/08/2024 18:18
Foi un actor e autor recoñecido especialmente no teatro, por obras como 'Mestiza', 'Bodas de sangre' ou 'Zenit'
Participou en series de televisión como 'Élite' ou 'El Pueblo' e en películas como 'Mi amor perdido' ou 'El otro barrio'