Cargando resultados...
Rexenera Fest, dez anos derrubando muros con pintura
O Rexenera Fest chegou á súa décima edición como un dos eventos de arte pública máis relevantes
Cinco muralistas deixarán candansúa obra para este crecente museo ao aire libre
Entre as actividades paralelas: obradoiros, visitas guiadas e xogos de pistas
G24.gal
06/06/2024 15:11
Última actualización 06/06/2024 16:20
Xa non nos dan os dedos das mans para contar todos os festivais de arte urbana que temos en Galicia. As vilas do noso país acolleron con entusiasmo a decoración dos seus muros ao tempo que se promove o graffiti e o muralismo.
O Rexenera Fest foi dos primeiros e un dos máis exitosos. Vai pola súa décima edición, totalmente instalado e integrado en Carballo.