As librarías celebran o seu día reivindicando o papel de dinamizadores culturais
Moitos establecementos celébrano con descontos especiais para fomentar a lectura
Cada día 11 de novembro dende hai 13 anos, España celebra o Día das Librerías co afán de impulsar o hábito á lectura, e cada unha celébrao ao seu xeito.
"Hoxe temos un 5 % de desconto, que se fai directo en todas as compras, e esta é a forma e esperamos que veña moitísima xente, porque hai xente que si que se reserva para este día", explica Jacobo Ucha, libreiro.
Máis de 3.400 puntos de venda únense á celebración para reivindicar o importante papel que as librarías xogan na sociedade como impulsores e dinamizadores da cultura.
"Pois é un lugar, non sei, como un museo para min, é algo onde me divirto. Soamente con ver xa son feliz", comenta un cliente.
As librerías non son soamente dispensadores de libros, son espazos próximos e acolledores en que lectores e escritores se unen.
"Pois imaxínate ser ese nexo entre a xente e o mundo do libro, entre a creación por parte dos autores e os lectores", continúa Jacobo.
E nesa comuñón, os libreiros xogan un papel fundamental. Coñecedores do que atesouran os seus estantes, son auténticos prescritores.
"Pois ti estás un pouquiño despistada e sempre che axudan, asesorante", apunta unha muller.
"Sabemos a través doutros lectores, doutras lecturas onde pode encaixar o gusto dun cliente, non, e iso é importante", di o libreiro
O temor a que o libro dixital puidese matar o físico obrigou a moitas librerías a reinvertárense. Hoxe seguen sendo un dos principais eixos para promover e enriquecer a cultura.