Dimite o líder de Vox en Castela e León, García-Gallardo, por diferenzas con Abascal
Retornará á súa actividade profesional privada como avogado

O ata agora líder de Vox en Castela e León e exvicepresidente desta comunidade, Juan García-Gallardo, presentou a súa dimisión de todas as súas responsabilidades e comunica que deixa a política por "discrepancias" coa dirección nacional de Santiago Abascal.
"Renuncio ao meu cargo como portavoz de Vox nas Cortes de Castela e León, á acta de procurador e a miña pertenza ao Comité executivo Nacional, volvendo á miña condición de afiliado raso de Vox e retomando a miña actividade profesional privada como avogado", expuxo nun comunicado a través da súa conta de X.
Recalcou ademais que a decisión que tomou "é persoal e independente" e que as súas "discrepancias" coa dirección do partido as canalizou co "maior nivel de reserva posible" e non teñen que ver coa "forma de selección de candidatos, nin coa participación nun ou noutro grupo político europeo".
¡Gracias y hasta pronto! 🟢🇪🇸 pic.twitter.com/AfH0lLMnvD
— Juan García-Gallardo (@juan_ggallardo) February 3, 2025