Cargando resultados...
Morren catorce persoas ao estrelarse unha avioneta na selva amazónica
As vítimas eran doce turistas e dous tripulantes, todos brasileiros, que se dirixían de Manaus a Barcelos

G24.gal
18/09/2023 08:06
Unha avioneta estrelouse na selva amazónica e causou a morte dos 14 pasaxeiros que levaba a bordo. As vítimas eran 12 turistas e dous tripulantes, todos brasileiros, que se dirixían de Manaus a Barcelos, a uns 400 quilómetros. O aparato estrelouse pouco antes de aterrar en medio de fortes precipitacións que caían nese momento. O avión pertencía a unha empresa de taxi aéreo.