Publicador de contidos

Publicador de contidos

25.000 persoas asistirán en Vigo ao concerto de Guns N' Roses

25.000 persoas asistirán en Vigo ao concerto de Guns N' Roses

Dispositivo especial de tráfico na contorna do estadio de Balaídos

The Pretenders serán os abreconcertos de luxo da banda de Axel Rose

G24.gal 12/06/2023 14:46

Caveiras e rosas invaden hoxe Vigo, que vai vivir unha invasión de fans dos Guns N' Roses. A gran cita co rock é a partir das nove e media da noite, e no estadio de Balaídos esperan xa moitos seguidores de Axel Rose dende ben cedo.

Serán 25.000 as persoas que vibren coa banda no segundo concerto en España da xira europea destas estrelas do rock. Os integrantes da mítica banda californiana chegaban onte a Vigo, e algúns deles xa deron boa conta dos produtos da ría.

A paciencia dos fans dos Guns N' Roses que esperaban ver os seus ídolos deu froitos a media mañá, cando o batería Frank Ferrer saíu á rúa e firmou autógrafos e fixo fotos con quen llelo pedía. Algúns mesmo se hospedaron no mesmo hotel para estar preto de Axel Rose e o resto da banda.

O tirón dos Guns N'Roses nótase estes días nas rúas de Vigo e tamén na ocupación hoteleira. No hotel onde se aloxa a banda hoxe haberá cen por cento de ocupación. A relacións públicas do Gran Hotel Nagari Rocío Porto recoñece que "Xa dende o sábado no hotel e arredores notamos moita xente coas camisetas o co merchandising, a verdade é que a cidade está vivindo de xeito moi intenso este evento tan importante para nós".

Ás portas de Balaídos os fans máis acérrimos madrugaron para entrar os primeiros. A chegada dos 25.000 espectadores ao concerto implica un operativo especial de tráfico, con cortes puntuais na avenida de Citroën, e ata mínimo a unha da mañá en Fragoso baixo e nas avenidas Valmiñor e dos Olímpicos.

E como aperitivo do concerto, ás oito da tarde tocarán uns abreconcertos de luxo como son os Pretenders con Chrissie Hynde á cabeza. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade