Cargando resultados...
27 detidos e 19 mulleres liberadas nunha operación contra unha rede de tráfico de persoas en Murcia
As vítimas viñan enganadas dende Honduras e Paraguai

ana lois
13/01/2022 20:03
En Murcia, a Policía liberou 19 mulleres retidas por unha organización que as obrigaba a prostituírse ou que as explotaba como coidadoras de maiores.
Os axentes detiveron 27 persoas acusadas de formar esta rede de tráfico de persoas. 9 delas están en prisión provisional. A organización traía as vítimas enganadas de Honduras e Paraguai.
E retíñaas usando a violencia e ameazándoas a elas e ás súas familias. A investigación comezou grazas a unha denuncia anónima.