Cargando resultados...
40 anos do paso do ciclón Hortensia por Galicia
Amais dos numerosísimos danos materiais, Hortensia causou seis mortos, un deles na Coruña
G24.gal
04/10/2024 14:24
Hai corenta anos, o furacán Hortensia azoutaba Galicia. O devastador paso do ciclón causou seis mortos e moitos danos materiais. Acadáronse rexistros nunca vistos antes e as autoridades pedíranlle á xente que non saíse das súas casas.