Publicador de contidos

Publicador de contidos

A acusada de matar o seu home con medicamentos insiste en que foi un suicidio de mutuo acordo

A acusada de matar o seu home con medicamentos insiste en que foi un suicidio de mutuo acordo

Explicou que ela tardou en tomar os fármacos porque quería despedirse antes dos fillos, aos que lles escribiu unha nota onde lles pedía perdón

A fiscalía pide para ela 26 anos de cadea por un delito de asasinato

G24.gal 18/04/2024 14:49 Última actualización 18/04/2024 19:32

"Díxome: cando eu perda as forzas, voume. Eu isto interpreteino como que se quería suicidar. E díxenlle: se te vas, eu voume contigo. Porque a vida sen ti, para min non ten sentido", declarou esta mañá a acusada de matar o seu home con medicamentos en Monfero, en xullo de 2021. 

Explicou tamén que a fin de semana anterior ao falecemento, o seu marido xa non se expresaba ben, pero que ela soubo perfectamente o que lle quería dicir.

"Díxome: eu creo que hoxe é o día de facer o que tiñamos pensado. Pregunteille se se refería ao dos medicamentos e dixo que si. Entón díxenlle que como el quixera", engade a investigada.

Relatou que o seu home foi quen inxeriu primeiro, e por si mesmo, os medicamentos e que ela agardou porque quería despedirse antes dos fillos, aos que lles deixou unha nota na que lles pedía perdón.

Antes declararon os forenses do Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA). E chegaron á conclusión de que a morta da vítima foi violenta ou homicida.

Tamén estaba citada unha neuróloga proposta pola defensa. Ela alega que, na última valoración que se fixo do home, se reflicte que tiña a linguaxe comprensiva conservada e a linguaxe expresiva danada.

O xuízo, que se celebra con xurado popular, segue mañá coas conclusións finais do Ministerio Público e a defensa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade