Publicador de contidos

Publicador de contidos

A artesá galega que deseñou o envoltorio da edición especial dun viño de luxo

A artesá galega que deseñou o envoltorio da edición especial dun viño de luxo

Edita Rodríguez, Jatafarta, partiu do concepto de arnés para vestir unha botella de Marqués de Murrieta pensada para coleccionistas

G24.gal 10/12/2024 21:16 Última actualización 10/12/2024 21:41

A bodega Marqués de Murrieta acudiu a unha artesá galega, despois de fixarse no seu nome e nos conceptos que traballou, para pedirlle o envoltorio dunha edición especial do seu viño. Pero, máis alá desta nova relación do luxo e a artesanía, entramos no taller de Edita para descubrir o seu traballo.

Alí respírase traballo coidado, moito tempo dedicado, pouca produción. Cousas da artesanía. Nos comezos, unha amiga filóloga  propúxolle o nome de Jatafarta polo amor aos gatos e tamén pola sonoridade do nome, tan árabe, coma o mundo da marroquinería.

Edita Rodríguez criouse nunha familia de artesáns, e o seu destino acabou virando cara ao coiro, cara á pel de curtido vexetal. E hoxe xoga e investiga con el. Está a preparar unha colección que recupera unha antiga técnica, chamada coiro fervido, coa que a calor e a humidade converten o coiro nun material ríxido. En tempos, esta técnica empregábase para facer escudos; hoxe ela adáptaa a obxectos contemporáneos, e mesmo pensa en mobles de coiro.

Edita non se define como artista, pero recoñece que pode concibir un bolso ou un brazalete como unha escultura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos