Cargando resultados...
A auga da traída do concello de Castro de Rei volve ser apta para o consumo
Prevese a instalación dun decantador de arsénico para evitar que se repita o problema

G24.gal
28/10/2021 10:09
A auga da traída do concello de Castro de Rei volve ser apta para o consumo. A detección de niveis de arsénico elevados na subministración obrigara a restrinxir o consumo de auga para beber e cociñar durante unha semana.
Tras aplicar un tratamento a auga volve ser potable. O Concello prevé a instalación dun decantador de arsénico para evitar que se repita o problema.