Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta crea o Bono Emancípate para primeiros gastos do fogar para persoas de 18 a 35 anos

A Xunta crea o Bono Emancípate para primeiros gastos do fogar para persoas de 18 a 35 anos

As axudas van de 1.500 a 3.000 euros e adxudicaranse tanto para a compra como para o alugueiro de vivenda para emanciparse

G24.gal 27/01/2025 13:50 Última actualización 27/01/2025 15:08

O Consello da Xunta aprobou este luns a creación do Bono Emancípate destinado a persoas de 18 a 35 anos e que poderán investir nos seus primeiros gastos de fogar.

O orzamento desta medida é de dous millóns de euros. E os destinatarios poderán usar o bono para pagar comprar mobiliario, electrodomésticos, gastos de mudanza ou de xestoría. As axudas irán de 1.500, en caso de que a emancipación sexa a través do alugueiro dunha vivenda, a 3.000 euros, no caso de que sexa mediante a compra.

"Ponse en marcha de xeito pioneiro unha axuda que vai dirixida a botar un man neses primeiros gastos que van unidos ao prezo de adquisición dunha vivenda", dicía o presidente da Xunta.

Un dos requisitos é que a compra ou o alugueiro se asinase con posterioridade ao 31 de maio de 2024. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará este martes a convocatoria, que establecerá un prazo de solicitude entre o 6 de febreiro e ata o 30 de abril.

O conselleiro de Xuventude, José López Campos, aclarou que se terá en conta a renda dos beneficiarios e que esta liña será compatible con outras axudas da Xunta para o acceso a unha vivenda. 

"Aquelas que teñen que ver con programas de avais da Xunta de Galicia para colaborar nese 20 % que non sexa financiado polas entidades bancarias ou as axudas para compra de vivenda en municipios de menos de 10.000 habitantes. Ou o caso do plan Rexurbe ou o bono alugueiro que sairá nas próximas semanas ao que corresponden uns 250 euros por solicitante", explicaba López Campos.

O Goberno galego tamén avanza no compromiso de duplicar o parque público de vivendas coa redacción do proxecto de construción de 55 novas vivendas no polígono de San Paio de Navia, en Vigo. A Sociedade de vivenda publica de Galicia xa ten en marcha 755 das 1600 vivendas que está prevista construír nesta zona. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos