Publicador de contidos

Publicador de contidos

A borrasca Herminia deixa 7.000 persoas sen luz e máis de 1.300 incidencias en Galicia

A borrasca Herminia deixa 7.000 persoas sen luz e máis de 1.300 incidencias en Galicia

A borrasca obriga a cancelar os voos de primeira hora con Madrid nos aeroportos de Vigo e A Coruña

Restablecida a circulación ferroviaria entre Vigo Guixar e Redondela pola caída de obxectos sobre a infraestrutura e tamén o tráfico entre Ferrol e A Coruña; segue cortada a liña Ferrol-Oviedo

O refacho máis forte, de 141,6 km/h rexistrouse en Penedo do Galo (Viveiro); e MeteoGalicia contabilizou 717 raios, especialmente na zona do Val do Ulla 

 

G24.gal 27/01/2025 09:55 Última actualización 27/01/2025 18:50

A borrasca Herminia continúa azoutando a Galicia, onde o servizo do 112 rexistrou, desde este domingo, un total de 1.392 incidencias vinculadas co temporal. No que vai deste luns houbo un total de 255.

O peor espérase  no litoral galego que se atopa en aviso vermello por ondas que poderían alcanzar, segundo a previsión de MeteoGalicia, de 8 a 9 metros nalgúns puntos.

Os municipios que máis incidencias reportaron na provincia coruñesa foron Santiago (48), A Coruña (25) e Teo (18). En Pontevedra, Vigo foi a cidade máis afectada con 98 incidentes, seguida da Estrada (47) e Pontevedra (32). En Lugo, rexistráronse ata 17 incidencias en Mondoñedo, mentres que en Ourense foi Ribadavia o concello con máis reportes, cun total de oito.

Segundo Naturgy, a borrasca provocou cortes na subministración eléctrica que afectan un total de 7.000 persoas en Galicia; 4.000 na Coruña; 1.300 en Pontevedra; 1.200 en Ourense e 400 en Lugo.

MeteoGalicia localizou en Viveiro o refacho máis forte de vento; acadou ás 2:40 da madrugada os 141,5 km/h en Penedo do Galo. As precipitacións máis intensas déronse a pasada noite na zona do Val do Ulla. En Santa Comba chegaron a acumularse 165,6 litros de chuvia por metro cadrado.

En total, en toda a comunidade contabilizáronse 721 raios, sobre todo entre as 8 e as 9 desta mañá entre as provincias da Coruña e Pontevedra.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, incluíu ao falecido por un accidente de tráfico á primeira hora deste luns en Amoeiro.  O suceso ocorreu sobre as 7:45 horas deste luns cando o condutor do vehículo perdeu o control, o coche saíuse da vía e chocou contra un muro.

Ademais da persoa falecida en Amoeiro, dúas persoas tiveron que ser trasladadas a un centro hospitalario despois de que o tellado da súa casa de esborrallase en Lalín e xa foron dadas de alta.

Non así, en cambio, o axente da Garda Civil, que continúa ingresado en lle hospital despois de que onte domingo caese encima unha árbore na autoestrada AP-9, en Vilaboa  cando atendía unha incidencia nesa vía provocada pola caída doutra árbore.

O 112 destacou que ao longo da xornada producíronse distintas incidencias e víronse afectados dous centros educativos: un deles foi o IES da Pobra do Caramiñal, onde uns ferros de pladur caeron sobre o corredor e varias máis ameazan con desprenderse.

Ademais, pouco antes das dez, os bombeiros de Ribeira (A Coruña) indicaron que se ían desprazar a esta mesma localidade ata o colexio Pilar Maestú Sierra, onde, segundo o 112, soltouse unha cuberta do campo de fútbol sen que houbese danos persoais.

Os bombeiros tamén participaron na pasada xornada nun operativo consistente na retirada dos elementos dun balcón que se desprendeu na rúa Xío, en Porto do Son. O balcón, situado nun segundo piso, perdeu os ferros de vidro, que caeron sobre a vía pública, polo que, ante a imposibilidade de asegurar o resto da estrutura, os bombeiros provinciais aseguraron o espazo retirando máis elementos do balcón. 

No Morrazo a forza do vento tirou varias árbores. Algunhas levaron por diante postes da subministración eléctrica. Como consecuencia, centos de fogares e negocios quedaron sen luz durante case vinte horas en Verducido e Meira, en Moaña. Recuperárona esta mañá grazas á instalación dun xerador eléctrico.  

O vento tamén levantou tellados en toda a provincia. En Vigo caeu parte da cuberta do instituto politécnico.

E nunha xornada en que empezou a baixar a cota de neve, comezaron a producirse as primeiras incidencias por este motivo. Así, o 112 informou de que, sobre as 12:15 horas, recibiu un aviso de que había persoas afectadas e que non podían circular por mor da neve nunha estrada de Pedrafita do Cebreiro. 

Retómase o tráfico ferroviario entre A Coruña e Ferrol 

Renovouse o tráfico ferroviario entre Ferrol e A Coruña, non así entre a primeira localidade e Asturias, que segue interrompido, indicaron Renfe e Adif.

A estas incidencias sumouse a primeira hora da tarde o corte entre Vigo Guixar e Redondela, por mor da caída dun contedor portuario ás vías. Dúas horas despois, o tráfico volveu á normalidade.

Cancelados voos en Peinador e Alvedro polo mal tempo

Os efectos da borrasca Herminia séguense notando nos aeroportos galegos. As conexións aéreas con Madrid foron suspendidas á primeira hora deste luns desde as terminais de Vigo e A Coruña.

Segundo informou Aena, foron cancelados os voos das 6:30 horas con destino á capital de España desde Peinador e Alvedro, debido a que tamén foron suspendidos os voos de chegada de Madrid deste domingo a última hora. Ademais, no caso de Vigo, tamén foi cancelado o voo a Madrid con saída ás 8:40 horas e o de Vitoria das 11:00 horas.

No balance feito público por Aena nas últimas horas, informábase de 54 cancelacións e 28 desvíos en toda España, ata a serán do domingo, debido aos efectos de Herminia en terminais aéreas de Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco.

O transporte marítimo entre Vigo e O Morrazo estará suspendido durante todo o día, ata que a situación mellore no litoral.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade