A calor trae bichería poubo habitual en outono
O maior problema está nas velutinas, visibles en actividade en gran parte de Galicia cando deberían empezar a hibernación
A proliferación de vermes que se van estendendo dun territorio a outro e a abundancia de insectos máis propios do verán fan que mesmo xeren malestar e preocupación ata falar de pragas nalgunhas zonas. Como en gran parte de Galicia, desde a área do Barbanza ata Noia o que máis queixas motiva son as velutinas.
Eduardo Moledo, xefe do Servizo de Emerxencias do Concello de Noia, afirma que "é normal que con esta temperatura e coa humidade que hai que xurdan este tipo de pragas. Nós, de momento, a praga que temos é a da velutina".
Di Moledo que de feito non hai día sen saída para desfacer niños de avéspora asiática. Están en actividade plena cando deberían empezar a pecharse para hibernar. E hai quen teme que crise climática tamén podería acabar con esa paréntese sen velutinas: "Iso cambiou radical. Eu son pouco pesimista, pero temo que xa van estar todo o ano traballando", sinala.