Cargando resultados...
A capela da Guía en Vigo loce, por fin, a escultura proxectada hai 70 anos
É a imaxe que deseñou o arquitecto da capela Gómez Román

G24.gal
11/05/2022 20:48
Última actualización 11/05/2022 21:21
A colocación da escultura dun cristo de seis metros de altura e seis toneladas de peso remata o deseño orixinal da capela viguesa da Guía tal como o proxectara hai 70 anos o arquitecto Manuel Gómez Román.
A figura realizárona en seis pezas de pedra os canteiros da escola da Deputación de Pontevedra, e o organismo cedeuna.
Levaban desde o luns ensamblando as pezas para colocalas no curuto da igrexa. Desde este mediodía, a ría de Vigo engade esta nova silueta como un novo vixía.