Cargando resultados...
A Casa Real envía unha mensaxe aos familiares das vítimas do Villa de Pitanxo
Fixérono por medio dun telegrama que o embaixador de España no Canadá lles entregou ás familias en Terra Nova

G24.gal
23/06/2024 22:24
A Casa Real tamén lle enviou unha mensaxe ás familias dos 21 mariñeiros mortos no Villa de Pitanxo que viaxaron a Terra Nova para inaugurar un memorial en recordo dos seus.
Por medio dun telegrama que o embaixador de España no Canadá lles entregou ás familias, os reis, Filipe VI e Letizia, amosáronlle a súa proximidade e recoñecemento durante os actos en recordo das vítimas.
Con todo o afecto recordaron os 21 mariñeiros falecidos que agora teñen o seu memorial no Porto de San Xoán.