Cargando resultados...
A chuvia: protagonista da primeira fin de semana de outono
Despois dun verán que segundo MeteoGalicia foi o máis quente e seco en 65 anos, chegou a primeira chuvia de outono
G24.gal
27/09/2026 22:59
Despois dun verán que segundo MeteoGalicia foi o máis quente e seco en 65 anos, a primeira fin de semana do outono deixounos as primeiras chuvias
Moitos son os galegos que, este ano si, agardaban o cambio de estación e as temperaturas algo máis temperadas.
O verán máis quente e seco desde que hai rexistros marchou hai cinco días para dar paso, naturalmente, ao outono.
Agárdase chuvia en toda Galicia o luns e o martes, das que este domingo, o primeiro do outono, tivemos un aperitivo escaso.