Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un home de 73 anos tran caer o seu tractor por un terraplén en Val do Dubra

Falece un home de 73 anos tran caer o seu tractor por un terraplén en Val do Dubra

Unha vez no lugar do accidente, os servizos de emerxencias só puideron confirmar o falecemento da persoa

G24.gal 28/09/2026 21:50 Última actualización 29/09/2026 08:08

Novo accidente mortal de tractor en Galicia. Un home de 73 anos perdeu a vida no sinistro que se rexistrou contra as nove da noite deste luns en Portomedal, na parroquia de Coucieiro.

Segundo a información que recolleu o 112 Galicia, nun primeiro momento, había unha persoa ferida tras envorcar o tractor.

Con estes datos mobilizáronse o 061, a Garda Civil e a Agrupación de Voluntarios de protección Civil de Val do Dubra. Unha vez no lugar do accidente, os servizos de emerxencias só puideron confirmar o falecemento da persoa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade