Cargando resultados...
A eclipse lunar desta noite será a máis longa desde hai case 600 anos
O fenómeno durará case seis horas en total
Os mellores puntos para vela serán Galicia e as Canarias
Imaxe de arquivo doutro eclipse lunar
G24.gal
18/11/2021 21:30
A lúa atópase a piques de completar a súa fase crecente. Xusto antes de que abra o novo día estará chea, e será a protagonista dunha eclipse parcial histórica pola súa duración.
Esta eclipse será a máis longa desde hai case 600 anos: durará case seis horas en total. Este fenómeno astronómico poderémolo ver desde Galicia. De feito, xunto coas Canarias, aquí será o lugar de España desde onde mellor se vexa.