Cargando resultados...
A Garda Civil traslada un corazón á Coruña para un transplante urxente
O órgano percorreu 150 quilómetros desde o sur de Galicia ata A Coruña nunha patrulla da Garda Civil de Tráfico

G24.gal
17/04/2024 10:11
A Garda Civil da Coruña realizou un operativo especial para trasladar un corazón ata o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) para un transplante urxente.
A Garda Civil informa este mércores que o equipo encargado desta actuación percorreu 150 quilómetros desde o sur de Galicia ata A Coruña para entregar o corazón a tempo.
Levou a cabo un dispositivo especial de tráfico debido á delicadeza e urxencia do procedemento, e o órgano fixo o traxecto nunha patrulla de Tráfico.
É a primeira vez en Galicia que se realiza un traslado deste tipo.