Publicador de contidos

Publicador de contidos

A illa de Tambo ábrese á cidadanía tras lograr Poio a súa xestión

A illa de Tambo ábrese á cidadanía tras lograr Poio a súa xestión

As visitas guiadas comezaron xa no mes de agosto con saídas en barco dende Combarro

A xestión de esta illa corresponde dende maio o concello de Poio

Este sábado levouse a cabo unha visita institucional entre os alcaldes da contorna para coñecer as súas riquezas e atractivos

Dende o Concello de Poio queren conseguir agora que este enclave sexa declarado Espazo Natural de Interese Local

G24.gal 17/09/2022 21:35 Última actualización 17/09/2022 21:49

Ata hai mou poucos anos era un lugar inaccesible para a cidadanía.

Desde este mes de agosto esta illa de Tambo deixa de ser un lugar prohibido e as visitas guiadas, con saída en barco dende Combarro, pasan a ser unha realidade.
28 hectáreas de illa e tres horas e media de visita para coñecer o seu pasado militar. Esta polvoreira é un exemplo claro.

Pero baixo a natureza hai vestixios agochados que amosan parte dese pasado. Este edificio foi en 1865 un lugar de illamento para os enfermos, o coñecido lazareto.

O obxectivo non é outro que divulgar a súa riqueza ao mesmo tempo que van garantir o seu coidado e preservación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade