Cargando resultados...
A mellor biblioteca pública do mundo está en Barcelona
A biblioteca Gabriel García Márquez é considerada como a mellor do mundo, segundo a Federación Internacional

G24.gal
21/08/2023 18:24
A biblioteca Gabriel García Márquez, no barrio de Sant Martí de Barcelona, foi declarada este luns como Mellor Biblioteca Pública do mundo. Esta distinción entrégaa a Federación Internacional de Asociacións e Institucións Bibliotecarias (IFLA).
Segundo avanzou o Concello da cidade condal, a candidatura do centro barcelonés impúxose á Public Library Janez Vajkard Valvasor Krškov (Eslovenia), á City of Parramatta Library (Australia) e á Shangai Library East (China).
As predecesoras da biblioteca barcelonesa foron a Missoula Public Library (EUA), a Deichman Bjorvika (Noruega) e a Oodi Helskinki Central Library (Filandia).