Cargando resultados...
A música galega volverá soar en Bruxelas no Festival EmigraSON
O cartel da próxima edición presentouse nun acto na embaixada de España

G24.gal
03/12/2024 21:04
A música galega volverá tomar Bruxelas en 2025 da man do Festival EmigraSON. A nova edición presentouse este martes na embaixada de España na capital belga.
No acto puidemos ver eurodeputados galegos, e representantes da legación diplomática e da Fundación Galicia-Europa.
O festival, organizado por mozos galegos emigrados en Bélxica, celebrarase o 22 de febreiro. Nesta edición actuarán Tanxugueiras, Fillas de Casandra, Terbutalina e De Ninghures.