Cargando resultados...
A NASA vixía un asteroide dun quilómetro e medio que se aproxima á Terra
A axencia espacial calcula que este venres pasará a 4 millóns de quilómetros do planeta

G24.gal
24/05/2022 22:07
Un asteroide de máis de quilómetro e medio de diámetro aproxímase á Terra a unha velocidade de 76.000 kms/hora.
Este venres, 27 de maio, pasará a 4 millóns de quilómetros, o máis preto que vai estar de nós.
A NASA asegura que as posbilidades de impacto son case nulas, pero considérano potencialmente perigoso pola destrución total que causaría.
Como nun guión de cine, hai un plan con mísiles e naves espaciais por se cumprise desvialo.