Publicador de contidos

Publicador de contidos

A parroquia viguesa de Bembrive, en contra da nova A-52

A parroquia viguesa de Bembrive, en contra da nova A-52

Consideran que se debería eliminar a peaxe da autoestrada entre Vigo e O Porriño

G24.gal 25/01/2025 14:31

A nova  autovía A-52  xa está en información pública e ten en pé de guerra aos veciños de Bembrive tanto que aquí están ás dez da mañá en plenas festas de San Brais portando cruces ao ombreiro.

Algúns deles perderán as casas; outros, calidade de vida ao ter un túnel, ou respiradoiro ou unha támara fronte ás súas casas. A xustificación da nova obra é que os vehículos poidan evitar as curvas de Tameiga en Mos. Pero eles consideran que hai unha solución máis barata e menos lesiva para eles, a liberalización da autoestrada Vigo-O Porriño que só usan 5.000 coches ao día.

Os 10,5 quilómetros previstos terán un custo de 390 millóns de euros e terán afección en tres concellos: Vigo, Mos e O Porriño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade