Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía Autonómica comisa 36 quilos de percebe en dúas inteveccións na costa da Coruña

A Policía Autonómica comisa 36 quilos de percebe en dúas inteveccións na costa da Coruña

Foron identificadas e denunciadas 9 persoas

Leváronse a cabo dúas operacións, nun intervalo de 12 horas

G24.gal 23/09/2022 13:58

Novo comiso de marisco furtivo na Coruña.  A Policía Autonómica interceptou máis de 30 quilos de percebe irregular.

A colaboración entre a confraría de pescadores da Coruña e a Policía Autonómica permitiu intervir as capturas de percebe de dous grupos de furtivos que actuaron nun intervalo de apenas 12 horas, aproveitando os días de veda para espoliar os recursos das rochas da costa coruñesa próximas á Casa dos Peixes. En total comisaron 36 quilos  de percebe e ferramentas para extracción e transporte.

Os operativos para acabar co marisqueo ilegal son constantes, se ben os modos en que se organizan os furtivos dificulta que sexan sorprendidos co produto.

Tras ser localizados polos vixilantes da confraría que avisaron a Policía Autonómica, 9 persoas foron identificadas e denunciadas por marisqueo ilegal.

O valor do percebe comisado podería  acadar no mercado un prezo superior aos 1.200 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade