Cargando resultados...
A policía identifica en Lugo un home que facía fotos ás partes íntimas das mulleres
Interviñeron o seu teléfono, que foi remitido ao xulgado para analizar o seu contido

G24.gal
30/06/2023 12:56
Identificado un home que facía fotos ás partes íntimas das mulleres co seu teléfono móbil, sen que as afectadas fosen conscientes deste feito.
O home, de 42 anos e orixinario da Coruña, foi sorprendido tomando as imaxes na vía pública por unha patrulla da Policía Nacional de Lugo que realizaba labores de vixilancia e prevención durante a fin de semana do Arde Lucus.
Os axentes interviñeron o seu teléfono, que foi remitido ao xulgado de garda da capital para analizar o seu contido.