Cargando resultados...
A policía investiga unha liorta a martelada limpo no porto de Vigo
Dous homes que poderían ser camioneiros enfrontaronse cun martelo e unha barra de ferro

G24.gal
11/03/2023 19:42
Unha liorta entre dúas persoas que poderían ser camioneiros rexistrada o venres en Vigo viralizouse nas redes sociais nas últimas horas.
Dous homes golpéanse cun martelo e cunha unha barra metálica, utensilios que usan mentres un terceiro trata de frealos. Tamén se propinan patadas.
O suceso en pleno porto da cidade difundiuse en redes sociais por SocialDrive, unha comunidade virtual de condutores en España. Descoñécense as causas da liorta e a posible gravidade das feridas dos implicados na mesma.
A Policía Nacional xa está a realizar unha investigación sobre os feitos.