Cargando resultados...
A Policía Local de Monforte rescata un galo que botaron vivo a un colector do lixo
Os axentes buscan agora o responsable dun posible delito de maltrato animal
Félix Aragunde
23/05/2023 13:40
Unha veciña da rúa Xoán Montes, en Monforte, topouse cun galo vivo dentro dun colector do lixo coa tapa baixada. Tras dar aviso á Policía Local, os axentes rescataron o animal e buscaron o seu dono.
Os gardas municipais custodiaron o galo ata a Casa do Concello e entregáronllelo aos técnicos de Medio Ambiente, que deberán determinar que facer con el.
Agora, a policía busca o autor duns feitos que poderían ser constitutivos dun delito de maltrato animal.