Cargando resultados...
A Policía Nacional celebra dous séculos de historia
A Coruña acolle o izado de bandeira para celebrar o bicentenario do corpo policial
G24.gal
13/01/2024 14:37
Última actualización 13/01/2024 15:17
A Policía Nacional conmemorou este sábado o bicentenario da súa creación con diversos actos en numerosas cidades de toda Galicia.
Baixo a lenda "Comprometidos contigo", a praza de María Pita, na Coruña, acollía unha das homenaxes principais, protagonizada polo izado da bandeira diante de numerosas autoridades, entre elas, o delegado do Goberno e o xefe superior de Policía en Galicia.
Herdeira da Policía Xeral do Reino, creada en 1824, a actual Policía Nacional celebra tamén a súa especial efeméride na cidade herculina coa iluminación en azul de espazos emblemáticos como a Torre de Hércules ou o monumento aos heroes do Orzán.