Cargando resultados...
A Real Academia Galega de Ciencias celebra a apertura do curso académico
O catedrático Senén Barro ofreceu unha conferencia sobre a intelixencia artificial

G24.gal
16/01/2023 20:35
A Real Academia Galega de Ciencias celebrou hoxe o acto de apertura do curso académico. Foi en Santiago e cunha conferencia do catedrático Senén Barro sobre intelixencia artificial.
O presidente da institución recordou que nuns días se cumprirán 50 anos da fundación da Real Academia Galega de Ciencias. Entre os ilustres que a promoveron estaban Antón Fraguas, García Sabell ou Parga Pondal.