Activada a alerta vermella por calor no interior da provincia de Pontevedra
Ademais, hai alerta amarela no interior e suroeste da Coruña, na montaña de Ourense e nas Rías Baixas
A Secretaría Xeral para o Deporte suspende a actividade do programa Xogade no exterior
A Xunta activou este domingo a alerta vermella por calor no interior da provincia de Pontevedra, con dezaseis concellos afectados, e a amarela no interior e suroeste da Coruña, na montaña de Ourense e nas Rías Baixas.
As previsións de Meteogalicia indican que as altas presiones están localizadas ao norte da península Ibérica, onde permanecerán estacionarias polo menos ata o vindeiro mércores.
Desde esa posición, impiden que cheguen influencias atlánticas e atraen aire cálido desde o sur, polo que o ceo está despexado e as temperaturas poderían superar os 34 graos nalgúns puntos.
Práctica deportiva
No que incumbe á práctica deportiva, a Secretaría Xeral para o Deporte suspende este domingo a actividade do programa Xogade no exterior entre as 12:00 e as 20:00 horas no interior de Pontevedra.
Pola contra, non se suspende a federada autonómica, pero recoméndase non realizala entre as 13:00 e as 17:00 horas, coincidindo coas horas de máis calor, excepto nos deportes náuticos e acuáticos, nos que non se dá esa recomendación.