Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta activa o aviso por episodio de calor Nivel 2 en 59 concellos de Ourense

A Xunta activa o aviso por episodio de calor Nivel 2 en 59 concellos de Ourense

A zona máis quente está a ser estes días a comarca de Valdeorras. En aviso laranxa, en Vilamartín de Valdeorras superaron de novo os 38 graos.

O sur da provincia de Ourense, a zona da conca do Miño e o val do Sil en Valdeorras, as máis afectadas pola entrada da masa de aire norteafricano.

Case toda España en alerta por altas temperaturas que poden superar os 40 graos no sur da Península

G24.gal 14/06/2022 20:36 Última actualización 14/06/2022 21:24

A Xunta de Galicia declarou a situación de aviso por episodio de calor Nivel 2 en 59 concellos da provincia de Ourense. É onde máis se están a notar as altas temperaturas por mor da masa de aire cálido norteafricano.

En Valdeorras rexistraron, de novo, o valor máximo de Galicia, 38,3 graos. En aviso laranxa, en Vilamartín de Valdeorras superaron de novo os 38 graos.

A calor abafante fixo que a Xunta activara o Nivel 2 de aviso en 59 concellos da provincia de Ourense por este episodio que está a afectar todo o sur de Ourense, na conca do Miño, a zona da montaña e a comarca de Valdeorras. Hoxe na cidade de Ourense o termómetro rozou os 36 e tamén en Laza e en Verín.

E para aturar a calor, a auga do río ou das piscinas. Lembren evitar a exposición ao sol nas horas centrais e beber auga para manterse hidratados.  

Mañá, o aviso amarelo por altas temperaturas mantense ademais de en Valdeorras e o sur de Ourense na conca do Miño e esténdese á zona do Miño na provincia de Pontevedra. E tamén hai aviso por treboadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade