A Xunta pide información sobre as esculturas roubadas do Mosteiro de Carboeiro
Foi o investigador Francisco Prado-Vilar quen obtivo as probas de que as dúas pezas foran espoliadas en 1957
As dúas esculturas, un cristo e un releve medieval, están desde 1980 no museo barcelonés Frederic Marès

A Xunta pide información sobre as dúas esculturas que procedían do Mosteiro de Carboeiro e que puideron ser roubadas no século pasado.
O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez visitou esta mañá a igrexa de San Lourenzo de Carboeiro, en Silleda, canda o investigador ordense Francisco Prado-Vilar, que foi quen obtivo as probas de que as dúas pezas foran espoliadas en 1957.
As dúas esculturas, un cristo e un releve medieval, están desde 1980 no museo barcelonés Frederic Marès.
A que xa é de todos os galegos é A Santa, a emblemática escultura de Francisco Asorey. A Xunta completou a súa compra, que acordaran Alfonso Rueda e o presidente do Uruguai, Luis Lacalle, no pasado mes de outubro. A Santa pertencia á Casa de Galicia de Montevideo, intervida polo Goberno uruguaio polas súas debedas. Con esta compra, Galicia recupera un símbolo da emigración.