Cargando resultados...
A xustiza británica impide que España cobre da aseguradora case 900 millóns polo Prestige
Argumenta que a sentenza española non é compatible co que xa se xulgou no Reino Unido

G24.gal
06/10/2023 21:00
A xustiza británica impide que España cobre case 900 millóns de euros polo afundimento do Prestige. O Tribunal Superior de Xustiza de Inglaterra e Gales deulle a razón á aseguradora e bloqueou o pago desa indemnización.
Argumenta que a sentenza española non é compatible co que xa se xulgara no seu día en territorio británico. O xuíz sostén que a única posibilidade de cobrar por parte de España sería a través dunha arbitraxe no Reino Unido.